lunes, 17 de junio de 2013

A loita polo Ies As Mercedes, e por extensión polo ensino público que nos pertence a todos, continúa aínda que remate o curso, para demostralo esta semana levarase a cabo unha festa reivindicativa organizada pola Plataforma en Defensa do Ies As Mercedes á que estamos chamados todos e todas á colaboración e participar nela para, xuntos, facermos unha FESTA DE FIN DE CURSO de reivindicación, solidariedade e esperanza:
 

-de reivindicación, para recordarlle á Consellería de Educación que, se a Administración nunca pode ser arbitraria, moito menos o pode ser cando se trata de suprimir un centro público de ensino: que necesitamos, pois, coñecer os informes que fundamentan a decisión de suprimir o IES As MERCEDES;
 
-de solidariedade, na que cadaquén, coa súa presenza, coa súa palabra e/ou coas súas habilidades artísticas, teña a oportunidade de apoiar esta reivindicación en defensa do IES AS MERCEDES, que é tamén unha reivindicación en defensa do noso dereito a un ensino público de calidade;
 
-e de esperanza, para, dende a solidariedade,  trasladar ao ánimo de todas e todos que O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS, que dende esta PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA DO IES AS MERCEDES, seguiremos esixindo un INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO na Zona Sur de Lugo.

Ó próximo xoves día 20 ás 19:30, TODOS e TODAS temos unha cita na Praza de Augas Férreas en apoio do Ies As Mercedes e por extensión da educación pública. En contra dun sistema desintegrador que abre á porta ó peche de centros de ensino público en favor dos privados.
Expresemos o noso parecer nunha xornada reivindicativa, chea de actos culturais e ca participación de tódolos que o desexen.


ISTO FUNCIONA, NON O DESINTEGREDES
O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS


                Dende hai seis anos, a Galia de Astérix nunca faltou á súa cita coa festa do “Arde Lucus”. Tamén nesta edición as personaxes creadas por Albert Uderzo e René Goscinny se baixaron dos libros para, por uns días, vir a ocupar a súa aldea na zona da Mosqueira, na Ronda da Muralla, e así axudar a ambientar a festa coa súa simpatía. Son moitos e moitas os festeiros que, ano tras ano, se fan acompañar nas súas fotos por tanta simpatía (e tamén algúns, como onte se queixaban dende o IES AS MERCEDES, que, en lugar da foto, prefiren facerse acompañar polo propio personaxe obrigándoo, ao propio estilo romano, a abandonar a aldea que tiñan asignada).
                Os que tal vez non saiban moitos é que esas personaxes baixadas das historietas ilustradas dos libros de Astérix e Obélix proceden dos “talleres” do IES AS MERCEDES, dese Instituto de Ensino Medio que, dende o 25 de Marzo, vén reivindicando poder continuar co seu compromiso a favor dun ensino público de calidade, tanto na ESO e no BAC como na Formación Profesional. No que a esta respecta, dende o IES AS MERCEDS sabemos ben que pouco vale a formación Profesional se non esta vinculada ás necesidades e aptitudes do alumnado e ás necesidades do entorno social: dende este compromiso co noso entorno naceu a “aldea gala” que, cada ARDE LUCUS, ocupa a zona da Mosqueira na Ronda da MURALLA.  Seguimos reivindicando, para, como IES AS MERCEDES, volver con Aterix e Obélix ao ARDE LUCUS do próximo ano.
                ,  




sábado, 15 de junio de 2013

Cartel Festa Fin de Curso.jpg


Dende a Plataforma en defensa do IES AS MERCEDES, a todos os amigos e amigas:
               
Despois de xa tres meses de reivindicación, chega o final do período escolar e esta Plataforma cidadá segue agardando porque na axenda de actividades do Conselleiro de Educación poda haber sequera unha hora para, en persoa, podernos explicar as razóns do peche do IES AS MERCEDES e por que esa tan cativa e pouco novedosa oferta educativa na Formación Profesional consistente nun ciclo de transporte a distancia que só necesita de un despacho con ordenadores,  un novo ciclo presencial de 22 prazas, “Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións térmicas e de Fluídos”, que só necesita dun aula de debuxo, e un novo ciclo de Marketing e publicidade, de 30 prazas, que só necesita de unha aula, ten que resultar incompatible (aínda sen esas obras de ampliación que ten comprometidas a Consellería) coa continuidade da ESO e BAC nun Centro que está situado nunha zona de continuado crecemento da súa poboación escolar.
                Chega o final do período escolar, pero non o final da reivindicación. Por iso vós pedimos a colaboración de todas e todos para, xuntos, facermos unha FESTA DE FIN DE CURSO de reivindicación, solidariedade e esperanza:
-de reivindicación, para recordarlle á Consellería de Educación que, se a Administración nunca pode ser arbitraria, moito menos o pode ser cando se trata de suprimir un centro público de ensino: que necesitamos, pois, coñecer os informes que fundamentan a decisión de suprimir o IES As MERCEDES;
-de solidariedade, na que cadaquén, coa súa presenza, coa súa palabra e/ou coas súas habilidades artísticas, teña a oportunidade de apoiar esta reivindicación en defensa do IES AS MERCEDES, que é tamén unha reivindicación en defensa do noso dereito a un ensino público de calidade;
-e de esperanza, para, dende a solidariedade,  trasladar ao ánimo de todas e todos que O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS, que dende esta PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA DO IES AS MERCEDES, seguiremos esixindo un INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO na Zona Sur de Lugo.

                Pedimos a colaboración de todas e todos para celebrar
o próximo xoves, día 20, a partir das 19:30 horas,
na Praza de Augas Férreas,
unha FESTA DE FIN DE CURSO con xogos, música, maxia, danza, teatro…e comida,  en DEFENSA DO IES AS MERCEDES:
O IES AS MERCEDES NECESITA:
DA VOSA COLABORACIÓN,  DA VOSA PRESENZA E DA VOSA PALABRA.
NON FALTEDES

Se ademais coñecedes a algún grupo ou persoa con algunha habilidade (xogos, música, maxia, danza, teatro, etc) coa que entreter …,  por favor poñédea en contacto con esta Plataforma chamando ao 637545410 (Bélen)

Moitas grazas