domingo, 28 de abril de 2013
miércoles, 24 de abril de 2013
martes, 23 de abril de 2013
ISTO FUNCIONA. NON O DESINTEGREDES
Unha
delegación que representa a Comisión en defensa da continuidade das
ensinanzas de educación secundaria e Bacharelato no IES As Mercedes,
desprazouse hoxe martes a Santiago para seguir o pleno onde se solicita a
paralización da súa conversión en centro integrado de FP. Esta comisión
intentará ter un encontro co Conselleiro, solicitado hai cerca dun mes,
para transmitirlle que ningunha mellora e potenciación que se faga da
FP é incompatible con ESO e Bac, e con maior razón se se fan as obras
de ampliación que a Consellería ten en proceso de licitación e que o
centro vén solicitando desde hai anos.
A
comisión conta co respaldo dos grupos municipais e parlamentarios de
PSOE, BNG e AGE, Deputación, sindicatos, asociacións veciñais,
claustros doutros centros educativos da provincia, persoeiros do mundo
da cultura (Darío Xohán Cabana, Xosé Miranda, Xavier P. Docampo, Paco
Martín, Antón Dobao, Agustín Fernández Paz, Iago Santalla, Xosé-Henrique
Costas…) e amplo apoio social como demostra a recollida de sinaturas
(máis de 5000 nestes momentos).
Moitas grazas por arremangarvos connosco nesta loita. domingo, 21 de abril de 2013
Axenda:
Luns 22: as 10:30h
Entregáronse no Rexistro da Xunta de Galicia os escritos individuais, personalizados subscritos polo alumn@s, pais e nais da campaña
"TEMOS NOME TEMOS CARA"
Martes 23:
CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO
POLA TARDE
Interesados anotarse
no correo da ANPA: anpa.asmercedes@gmail.com
Teléfono de contacto 628 865 164
jueves, 18 de abril de 2013
Agradecemento
A plataforma cidadá en defensa do IES As Mercedes -formada polas Federacións de Asociacións de Veciños de Lugo, ANPAS e profesores do Centro- queremos empezar por agradecer o apoio recibido durante o encerro de hoxe por parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e anuncia -despois de valorar positivamente a participación na xornada de onte- que, pola súa parte, continuará o encerro na tarde-noite de hoxe para acabar cunha Xornada de portas abertas o Venres 19 no patio do Instituto con música, xogos populares e comida popular.
Por parte da Plataforma en defensa do IES As Mercedes agardamos que esta actividade sexa unha chamada de atención á opinión pública sobre a necesidade de seguir mantendo as ensinanzas de ESO e BAC no Instituto, por tratarse dunha zona de continuado crecemento demográfico que, a curto e/ou medio prazo, se ampliará considerablemente coa construción das máis de 4000 novas vivendas no polígono residencial de Sanfiz, colindante co Instituto. Agardamos tamén que este encerro serva para sensibilizar ao grupo do Goberno e á Consellería de Educación sobre a necesidade de revisar unha decisión que, á vista das explicacións que coñecemos a través dos medios de comunicación, carece de todo tipo de motivación e de todo tipo de informes e estudos previos sobre as necesidades de escolarización: a suspensión do concurso de traslados do profesorado en Lugo cidade e as sucesivas modificacións na adscripción do alumnado é boa demostración da falta de calquera estudo e informe ao respecto.
Para rematar, e co convencemento de que a Consellería ten outras alternativas de ampliación e potenciación da oferta educativa de FP perfectamente compatible co mantemento da ESO e BAC, reiteramos o compromiso que na tarde de onte, no nome da Plataforma, expresaba o portavoz da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo de non desistir ata lograr a revisión deste acordo por parte da Consellería de Educación.
asmercedesloita.blogspot.com
anpaasmercedes.blogspot.com
@asmercedesloita
miércoles, 17 de abril de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
