ISTO FUNCIONA. NON O DESINTEGREDES
Unha
delegación que representa a Comisión en defensa da continuidade das
ensinanzas de educación secundaria e Bacharelato no IES As Mercedes,
desprazouse hoxe martes a Santiago para seguir o pleno onde se solicita a
paralización da súa conversión en centro integrado de FP. Esta comisión
intentará ter un encontro co Conselleiro, solicitado hai cerca dun mes,
para transmitirlle que ningunha mellora e potenciación que se faga da
FP é incompatible con ESO e Bac, e con maior razón se se fan as obras
de ampliación que a Consellería ten en proceso de licitación e que o
centro vén solicitando desde hai anos.
A
comisión conta co respaldo dos grupos municipais e parlamentarios de
PSOE, BNG e AGE, Deputación, sindicatos, asociacións veciñais,
claustros doutros centros educativos da provincia, persoeiros do mundo
da cultura (Darío Xohán Cabana, Xosé Miranda, Xavier P. Docampo, Paco
Martín, Antón Dobao, Agustín Fernández Paz, Iago Santalla, Xosé-Henrique
Costas…) e amplo apoio social como demostra a recollida de sinaturas
(máis de 5000 nestes momentos).
Moitas grazas por arremangarvos connosco nesta loita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario