O portavoz da Federación
vecinal de Lugo, Fernando Rois, visitou o día 9
as instalacións do Instituto de As Mercedes de Lugo onde, tras dun recorrido
polas instalacións do Centro e de coñecer o traballo e as inversións realizadas
en pro da mellora da calidade do ensino e da confortabilidade das propias
instalacións, reafirmou non só o apoio da Federación veciñal á reivindicación
da Comisión Educativa senón tamén o compromiso de Federación veciñal Lugo e da
Confederación Galega de Asociacións Veciñais a integrarse na Comisión Educativa
do IES As Mercedes para constituír, de aquí en diante, unha Plataforma cidadá
que non desista do empeño, con todas as medidas de presión que fagan falla, de
convencer á Dirección Xeral de Formación Profesional e á Consellería de
Educación da necesidade de manter no IES As Mercedes a oferta educativa pública
da ESO e BAC. Neste sentido adiantou o
compromiso da Federación para, a resultas das razóns que mañá poda traer a
comisión da reunión coa Dirección Xeral de Formación Profesional, encabezar
xunto coas demais entidades veciñais e cidadás unha ampla mobilización en
defensa duns servizos educativos absolutamente imprescendibles para a Zona Sur
de Lugo, tanto en razón do seu actual nivel demográfico como en previsión dun
futuro inmediato a curto prazo con todas a vivendas previstas no polígono de
Sanfiz.
Foto: Corral, La Voz de Galicia |
No hay comentarios:
Publicar un comentario