O IES AS
MERCEDES FUNCIONA
NON O
DESINTEGREDES
A Plataforma
en defensa do IES As Mercedes segue
loitando por paralizar a súa transformación
en centro integrado de FP, que supón a eliminación do ensino secundario
e o Bac no único instituto do sur de Lugo.
Membros en
representación desta Plataforma asistiron hoxe ao pleno da Deputación
Provincial, ao debate da moción presentada polos grupos de goberno (PSOE e BNG),
na que se solicitaba a continuidade da ESO e Bac no IES As Mercedes. Esta
Plataforma, ao tempo que agradece aos grupos de goberno o seu apoio aprobando a
moción, tamén lamenta que o Grupo Popular na Deputación, cuxa voceira admitiu
que “puido haber incorrección nas formas
da toma de decisión” ou que a “decisión
puidera ser acertada ou non” valore máis a disciplina de partido que os
intereses da cidade de Lugo. Confiamos de todas formas que despois de visitar o
Centro, ao que se compremeteu a voceira Elena Candia, poidan os membros do
Grupo Popular na Deputación percibir doutra forma esta reivindicación que é
antes de nada unha reivindicación de cidade: a decisión de pechar un Instituto
de ESO e BAC, debera de ter uns argumentos máis convincentes que os de
considerar incompatíbeis a ampliación, mellora e potenciación da FP e o ensino
secundario.
A saída do
Pleno da Diputación Provincial unha representación desta Plataforma entregou no
rexistro do Concello a petición de que se inclúa na orde do día do próximo
pleno unha moción relativa á necesidade de que se faga un estudo serio das
necesidades educativas da zona Sur e de toda a cidade de Lugo, así como das
diferentes alternativas coas que responder a tales necesidades, antes de
proceder, dunha forma tan pouco reflexiva, á supresión dun IES ubicado nunha
zona de continuado crecemento demográfico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario