“Nós, coa música, sempre intentamos construír, non desintegrar. Por iso
queremos estar hoxe con vós nesta situación que estades a pasar”.
Así empezaba a Unidade Didáctica Os instrumentos
musicais na banda de música, da
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA do Concello no IES AS MERCEDES, sumándose DESTA
MANEIRA á reivindicación de que non se eliminen as ensinanzas de ESO e
bacharelato no único centro público que as oferta na zona sur de Lugo.
Dende a Plataforma cidadá en defensa do IES As Mercedes queremos agradecer
esta mostra de solidariedade por canto ten de estímulo inestimable a seguir
traballando por convencer ás institucións e responsables políticos de que a
ampliación e mellora da Formación Profesional que se utiliza como escusa para a
supresión do IES As Mercedes para nada pode resultar incompatible coa
continuidade da ESO e BAC no Centro, pois, está ubicado nunha zona de Lugo cun
continuado crecemento demográfico e da poboación escolar con previsións,
ademais, de seguir medrando.
Neste traballo de tratar de convencer aos responsables políticos e
institucións recordamos que o pasado martes, con motivo do Pleno na Deputación
Provincial, invitabamos a todos os deputados/as do PP a visitar o Instituto e
temos comprometida a visita ao centro da deputada provincial do PP, Dna Elena
Candia, para mañán Venres, día 3. E recordamos que temos solicitada unha
entrevista co Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro, e outra co Sr. Conselleiro de Educación.
Para nós, como veciños e veciñas de Lugo, a supresión dun Instituto de
Ensino Medio é algo moi serio: debe prevalecer, pois, o sentido común e o
interese cidadán moi por riba dos caprichos dun Director de Formación
Profesional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario