Dende a Plataforma en defensa do IES AS MERCEDES,
a todos os amigos e amigas:
Despois de xa tres meses de reivindicación, chega o final do período
escolar e esta Plataforma cidadá segue agardando porque na axenda de
actividades do Conselleiro de Educación poda haber sequera unha hora para, en
persoa, podernos explicar as razóns do peche do IES AS MERCEDES e por que esa
tan cativa e pouco novedosa oferta educativa na Formación Profesional
consistente nun ciclo de transporte a distancia que só necesita de un despacho
con ordenadores, un novo ciclo presencial
de 22 prazas, “Desenvolvemento de
Proxectos de Instalacións térmicas e de Fluídos”, que só necesita dun aula de
debuxo, e un novo ciclo de Marketing e publicidade, de 30 prazas, que só
necesita de unha aula, ten que resultar incompatible (aínda sen esas obras de
ampliación que ten comprometidas a Consellería) coa continuidade da ESO e BAC nun
Centro que está situado nunha zona de continuado crecemento da súa poboación
escolar.
Chega o final do período escolar, pero non
o final da reivindicación. Por iso vós pedimos a colaboración de todas e
todos para, xuntos, facermos unha FESTA
DE FIN DE CURSO de reivindicación, solidariedade e esperanza:
-de reivindicación, para recordarlle á
Consellería de Educación que, se a Administración nunca pode ser arbitraria,
moito menos o pode ser cando se trata de suprimir un centro público de ensino:
que necesitamos, pois, coñecer os informes que fundamentan a decisión de
suprimir o IES As MERCEDES;
-de solidariedade, na que cadaquén, coa súa
presenza, coa súa palabra e/ou coas súas habilidades artísticas, teña a
oportunidade de apoiar esta reivindicación en defensa do IES AS MERCEDES, que é
tamén unha reivindicación en defensa do noso dereito a un ensino público de
calidade;
-e de esperanza, para, dende a solidariedade, trasladar ao ánimo de todas e todos que O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS, que
dende esta PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA
DO IES AS MERCEDES, seguiremos esixindo un INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO
na Zona Sur de Lugo.
Pedimos a colaboración de todas e todos para celebrar
o
próximo xoves, día 20, a partir das 19:30 horas,
na
Praza de Augas Férreas,
unha FESTA DE FIN DE CURSO con
xogos, música, maxia, danza, teatro…e comida,
en DEFENSA DO IES AS MERCEDES:
O IES AS MERCEDES NECESITA:
DA VOSA COLABORACIÓN, DA VOSA
PRESENZA E DA VOSA PALABRA.
NON FALTEDES
Se ademais coñecedes a algún
grupo ou persoa con algunha habilidade (xogos, música, maxia, danza, teatro,
etc) coa que entreter …, por favor
poñédea en contacto con esta Plataforma chamando ao 637545410 (Bélen)
Moitas grazas