ISTO
FUNCIONA, NON O DESINTEGREDES
O IES AS
MERCEDES NON DI ADEUS
Dende hai seis
anos, a Galia de Astérix nunca faltou á súa cita coa festa do “Arde Lucus”.
Tamén nesta edición as personaxes creadas por Albert Uderzo e René Goscinny se
baixaron dos libros para, por uns días, vir a ocupar a súa aldea na zona da
Mosqueira, na Ronda da Muralla, e así axudar a ambientar a festa coa súa
simpatía. Son moitos e moitas os festeiros que, ano tras ano, se fan acompañar
nas súas fotos por tanta simpatía (e tamén algúns, como onte se queixaban dende
o IES AS MERCEDES, que, en lugar da foto, prefiren facerse acompañar polo
propio personaxe obrigándoo, ao propio estilo romano, a abandonar a aldea que
tiñan asignada).
Os que tal vez non
saiban moitos é que esas personaxes baixadas das historietas ilustradas dos
libros de Astérix e Obélix proceden dos “talleres” do IES AS MERCEDES, dese
Instituto de Ensino Medio que, dende o 25 de Marzo, vén reivindicando poder
continuar co seu compromiso a favor dun ensino público de calidade, tanto na
ESO e no BAC como na Formación Profesional. No que a esta respecta, dende o IES
AS MERCEDS sabemos ben que pouco vale a formación Profesional se non esta
vinculada ás necesidades e aptitudes do alumnado e ás necesidades do entorno
social: dende este compromiso co noso entorno naceu a “aldea gala” que, cada ARDE LUCUS, ocupa a zona da Mosqueira na
Ronda da MURALLA. Seguimos reivindicando, para, como IES AS MERCEDES, volver con Aterix e
Obélix ao ARDE LUCUS do próximo ano.
,
No hay comentarios:
Publicar un comentario