Coa
publicación na páxina electrónica da Consellería de Educación das listaxes de
prazas liberadas, abriuse onte, día 23, o período de matricula de segunda
adxudicación para ciclos de grado medio e grado superior de Formación
Profesional. E, de novo, estas listaxes e estes datos veñen a demostrar que os
informes da Consellería de Educación sobre a demanda educativa no ámbito da
Formación Profesional ou non existen ou están moi desacertados, pois, nese
innovador ciclo de grado superior de Desenvolvemento
de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos non se teñen cuberto en
primeira e segunda adxudicación máis que unha praza, ofertándose agora
liberadas as 21 prazas restantes: ou sexa que, polo de
agora, fora do alumno que tiña
solicitado este ciclo como primeira opción (1), ningún dos solicitantes como
segunda (9 alumnos), terceira (6 alumnos), cuarta (3 alumnos) e quinta opción (3 alumnos), tén optado por
matricularse neste ciclo. A continuación os datos para o CIFP As Mercedes,
extraídos da páxina da Consellería de Educación:
|
1ª
|
2ª
|
3ª
|
4ª
|
5ª
|
6ª
|
7ª
|
Matriculados
|
Prazas Libres
|
CIFP As
Mercedes (Lugo)
|
1
|
9
|
6
|
3
|
3
|
--
|
--
|
1
|
21
|
Se
este resultado, por si mesmo, mentres hai listas de espera nos ciclos de automoción
e de eficiencia enerxética, xa ben
merece dalgunha explicación por parte da Consellería de Educación, con máis
razón cando, -a marxe dos informes sobre necesidades educativas que terían que
ter previamente feito-, na Dirección Xeral de Formación Profesional lles tiña
que ser de sobra sabido que este ciclo de Desenvolvemento
de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos nin sequera no IES
Universidade Laboral de A Coruña se da cuberto con alumnos de primeira opción. A
continuación os datos para o IES Universidade Laboral de A Coruña, extraídos da
páxina da Consellería de Educación:
|
1ª
|
2ª
|
3ª
|
4ª
|
5ª
|
6ª
|
7ª
|
Matriculados
|
Prazas Libres
|
IES Universidade Laboral (Coruña)
|
11
|
6
|
16
|
12
|
8
|
11
|
5
|
21
|
1
|
Ao
optar por un ciclo de tan escasa demanda (escasa, non por falla de información sobre o mesmo entre o alumnado, senón- tal
como llo ten explicado esta Plataforma ao mesmo Director Xeral de FP-, polas
súas ben escasas saídas profesionais ao tratarse dunhas competencias moi
específicas que ademais coinciden coas de outras titulacións cun abano de
saídas máis amplo), ao non ampliar a oferta de formación profesional inicial
dos PCPI (para alumnos que acaban a escolarización obrigatoria sen títulos da
ESO) cando o ciclo de PCPI existente (da familia de automoción) ten que pasar á
modalidade B (con clases de comúns nalgún dos outros IES da cidade), a Dirección Xeral de Educación está a demostrar que o peche do IES As
Mercedes, nada ten que ver coa necesidade de ampliar a oferta educativa na FP,
senón máis ben con recortes na educación pública que automaticamente se
trasvasan aos centros concertados da privada.
Cando
baixo a xustificación da urxente necesidade de ampliar en 100 prazas a oferta
de Formación Profesional se pecha un Instituto Público de Ensino Medio nunha
zona de continuado crecemento da súa poboación escolar e destas 100 prazas
ofertadas,
-
50 prazas son para un ciclo
superior a distancia (transporte e loxística);
-
30 prazas veñen a ser (Ciclo
Superior de Marketing e publicidade) a adaptación á nova normativa LOE do ciclo
de normativa LOGSE xa existente (Ciclo Superior comercio e marketing), e
-
22 prazas son nun ciclo que, como primeira opción, só tivo unha solicitude
e unha sola matrícula en segunda adxudicación, esta plataforma entende que, como cidadáns que cos
nosos impostos pagamos os salarios e os gastos da Administración, todos nos
merecemos, antes de nada, unha explicación. E tamén nos merecemos, por suposto, que quen ten tomado unha decisión
deste tipo non continúe por máis tempo nun cargo de responsabilidade. Os
cidadáns que sufrimos estes erros non nos merecemos ningún erro máis. O Sr.
Corredoira non debera continuar, pois, nin un día máis ao cargo da Dirección
Xeral de Educación, de Formación Profesional e Innovación Educativa. E, mentres
tanto, non dimite algún dos responsábeis desta decisión de pechar un Instituto
Público sen outra xustificación que a mentira de necesitar ampliar a oferta de
FP, é de mísera
No hay comentarios:
Publicar un comentario