As MERCEDES, a 16
de Xullo do 2013: A plataforma en Defensa do IES AS MERCEDES pide a Dimisión ou
Cese do Director Xeral de FP
Acabado o período
de admisión e xa iniciándose a matrícula
nos ciclos de Formación Profesional, os datos revelan o que xa esta PLATAFORMA
EN DEFENSA DO IES AS MERCEDES viña manifestando dende o momento en queo Director
Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa daba a coñecer
, a través dos medios de comunicación, a oferta prevista para o novo
CIFP de Lugo: ese novo ciclo innovador
ciclo superior “DESENVOLVEMENTO DE
PROXECTOS DE INSTALACIÓN TÉRMICAS E DE FLUÍDOS” co que se quere xustificar o peche do IES AS
MERCEDES (e que a Delegación Territorial parece querer converter en
desmantelamento) non ten demanda e así o pode ver calquera consultando a listaxe de admitidos na páxina
da Xunta: http://www.edu.xunta.es/fp/listaxes_definitivas_admision_2013
e http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Admisi%C3%B3n/2013/listaxes%20definitivas/listaxe_def_solicitudes_gs_ordinario.pdf
A continuación os
datos extraídos das listaxes da páxina da Xunta:
Número de opción
|
Número
|
Titulación de
acceso
|
Primeira opción
|
1
|
Proba de acceso a ciclo superior
|
Segunda opción
|
8
|
Proba acceso a ciclo superior: 1/ BAC, 6/ Titulado
Universitario: 1
|
Terceira opción
|
6
|
BAC: 5/ Titulado Universitario: 1
|
Cuarta opción
|
4
|
Probas de acceso a ciclo superior: 2 / Título Técnico
Superior: 1
|
Quinta opción
|
3
|
Probas de acceso a C. Superior: 1 / Tít. Técnico
superior: 1 /Tít Univ: 1
|
En resume, que, de
22 alumnos que solicitan este innovador ciclo, só un alumno o ten solicitado
como primeira opción.
Conclusión 1: habida conta que o
ciclo de transporte a distancia non require amplíar espazos e de que o novo
ciclo de Marketing e Publicidade (LOE) non fai máis que duplicar
(irracionalmente) a oferta que existía no IES AS MERCEDES co ciclo superior de Comercio e Marketing
(LOGSE), estes datos sobre o novo ciclo Superior de “Desenvolvemento de proxectos de
instalacións térmicas e de fluídos” demostran por si sós que este
innovador ciclo para nada xustifica pechar e desmantelar un Instituto Público
de Ensino Secundario (o segundo que se pecha en Lugo) e demostra tamén que, se o que se trata de lograr coa creación de novos
Centros Integrados de Formación Profesional é acercar a oferta e a demanda no
ámbito de formación profesional, esta Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa non fixo informe previo algún ao respecto e,
por riba, está a andar un camiño que, como nós manifestamos dende o inicio, é
totalmente equivocado.
Se esta oferta no
ámbito da FP non pode xustificar a supresión do IES AS MERCEDES, tampouco se
pode xustificar este peche en base a unha hipotética formación ocupacional,
cando, a menos de 300 metros, dispón a Xunta de Galiza dun Instituto de
Formación Ocupacional, idoneamente dotado e equipado, absolutamente
infrautilizado.
Conclusión 2: nunha
Administración que ten a obriga (constitucional) de ofertar un ensino público
de calidade e de administrar, para elo, de forma eficiente os recursos humanos,
económicos e de infraestruturas á súa disposición (e con maior razón neste tempo
de crise), non deben poder consentirse unha decisión arbitraria deste tipo E
SERÍA, POIS, ABSOLUTAMENTE DESEXABEL QUE ALQUÉN EMPEZASE POR CESAR AO SR.
DIRECTOR XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA.
Nestes datos hai razóns dabondo para este cese (ou
dimisión): estamos seguros que cando recibamos do Xulgado a documentación
completa sobre a que se fundamentou esta decisión pode que haxa moitas máis e
máis concretas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario