A Plataforma pola
defensa do IES As Mercedes,aproveitamos este foro para reiterar, unha vez máis,
a nosa defensa dun ensino público de calidade e a vez denunciar a perda de
inversións no ensino público aquí en Lugo.
Porque, recorte
tras recorte, todo isto e moito mais, estase a producir en Lugo, levándonos a peor
que hai corenta anos:
-non terán dereito a un ensino público e de calidade aqueles que non poidan
pagar;
-non terán un ensino público de calidade aqueles que perden o dereito a un
ensino individualizado;
-e perderemos bos profesionais para o futuro do país porque estarán abocados a pasar
desapercibidos nunhas aulas masificadas.
Isto acontece de
múltiples maneiras:
- acontece ca perda continuada de
profesorado;
- co aumento de alumnos por aulas;
- coa perda de recursos para o ensino integrador,
- co desmantelamento do ensino rural,
- coa falta de medios para o alumnado con menos recursos económicos,
- coa falta de inversión no Sagrado Corazón que actualmente está a recibir
clases nun edificio de prestado que non reúne as mínimas condicións para ser
centro escolar,
- acontece co peche, en menos de dous anos, de dous Institutos Públicos de
Ensino Secundario, primeiro o Politécnico e agora As Mercedes, coa agravante neste
último caso de ser o único Instituto Público de Ensino Medio do Sur da cidade,
unha zona cun importante e continuado crecemento demográfico en idades
escolares, e, ademais, un Instituto cun proxecto integrador entre os distintos
niveis do ensino que ten demostrado que a convivencia entre a FP e as
ensinanzas da ESO e BAC, lonxe de seren un estorbo mutuo, ten sido, ben ao
contrario, mutuamente fortalecedora. Aí están os premios e os recoñecementos logrados
pola FP; aí están o equipamento e dotacións en recursos didácticos de aulas e
laboratorios da ESO E BAC: os que, dende a Delegación Territorial axudaron a
pechalo, poden comprobar hoxe (se son persoas humanamente decentes) que,
-grazas ao esforzo do equipo directivo, de profesores, de alumnos e de toda a
comunidade educativa-, os recursos económicos do Centro, a pesar de máis
escasos, teñen sido eficientemente utilizados.
Non nos poden
dicir dende a Consellería de Educación que hai un aumento das partidas para o
ensino público,
-
cando
vemos que cada pouco pechan unidades ou cerran centros públicos,
-
cando
merman as axudas de libros ou hai que pagar os comedores,
-
cando
anulan servizos básicos como o
transporte,
-
ou cando
as becas se restrinxen cada vez mais.
Se todo isto vai
a menos e as familias cada vez teñen que pagar mais para estudar aos seus
fillos ¿ onde esta o incremento dos orzamentos para o ensino público? ¿ou e que
o gasto non recae onde debería?
O ensino non é un
gasto para a sociedade; o ensino é investimento para o futuro dunha sociedade
máis xusta e que aspira á desaparición das desigualdades. O ensino é
investimento para sermos unha sociedade non de man de obra barata, senón que
pón os medios para que o país medre no mundo da investigación e con
emprendedores ben formados.
Por todo isto,
tédeo ben claro, esta Plataforma, ao reclamarmos o IES AS MERCEDES, ao
reclamarmos un Instituto de Ensino Público na zona Sur de Lugo, tamén estamos a
defender os dereitos da sociedade lucense para recibir un ensino público, gratuíto
e de calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario